Skip to main content

A décimo novena promoción en Enxeñaría Técnica Forestal celebra a graduación este sábado en Lugo

O Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo acolle este sábado 11 ás 11:30 horas o acto de graduación da XIX promoción en Enxeñaría Técnica Forestal, que ten como padriño e madriña a Antonio Rigueiro Rodríguez e Rosa Romero Franco. Participan ademais na cerimonia o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, Santiago García Sánchez.

The contents of this page were updated on 06.10.2011.