Skip to main content

Docentes da USC disertan sobre ópera e cinema nun ciclo organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago

Docentes de diversas disciplinas da Universidade de Santiago colaborarán coa Asociación de Amigos da Ópera nun ciclo de charlas sobre ópera e cine. A primeira das actividades deste programa terá lugar este mércores 26 da man do catedrático de Historia do Cinema da USC, Luis Hueso Montón. A profesora Silvia Alonso, do Departamento de Literatura española, teoría da literatura e lingüística xeral, intervirá o 16 de novembro coa charla ‘Don Giovanni de Joseph Losey’, mentres que o profesor de Historia da Música Javier Garbayo falará de ‘Mozart en Turquía’ o mércores 23. Todas as charlas serán ás 20.00 horas na Sala de Conferencias do Centro Social Novacaixagalicia de Santiago (Praza de Cervantes).

The contents of this page were updated on 10.25.2011.