Skip to main content

Dous catedráticos da USC, á fronte de importantes sociedades científicas españolas

Felipe Casanueva e José Ramón González Juanatey
Felipe Casanueva e José Ramón González Juanatey

Os catedráticos da USC José Ramón González Juanatey e Felipe Casanueva acaban de ser elixidos presidentes da Sociedade Española de Cardioloxía e da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade, respectivamente. González Juanatey, director do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS), resultou elixido no marco do Congreso que a sociedade desenvolveu estes días na illa de Gran Canaria. O catedrático da USC realizou a especialización, ademais de en Santiago, no madrileño Gregorio Marañón, na Clínica Universitaria de Navarra, ho hospital sueco de Karolinska e na Universidade de Stanford (California, EE.UU.).

Pola súa banda, Felipe Casanueva, xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUS, sucede na presidencia da Sociedade ao endocrinólogo catalán Xavier Formiguera. Casanueva é director científico do Centro de Investigación Biomédica CIBERobn e presidente da Sociedade Internacional de Cardioloxía ademais de doutor honoris causa pola Universidade de Investigación Biomédica de Lodz (Polonia) e Premio Nóvoa Santos.

The contents of this page were updated on 10.24.2011.