Skip to main content

Estudantes e titulados sénior do IV Ciclo celebraron o fin de curso no Campus de Lugo

No acto entregáronse os diplomas aos vinte alumnos que alcanzaron o Graduado senior durante o curso 2009-2010 e as insignias aos 14 da décima promoción
No acto entregáronse os diplomas aos vinte alumnos que alcanzaron o Graduado senior durante o curso 2009-2010 e as insignias aos 14 da décima promoción

A Escola Politécnica Superior de Lugo acolleu este venres 3 o acto institucional de fin de curso do IV Ciclo, nunha sesión na que se lles entregaron os diplomas aos vinte alumnos que alcanzaron o Graduado senior durante o curso 2009-2010 e as insignias aos 14 da décima promoción. O acto desenvolveuse no salón de actos da escola presidido polo vicerreitor Pedro García Herradón e actuando como padriño de promoción o profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo, Francisco Javier López González.

Interviñeron ademais o subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal da Xunta de Galicia, Modesto Rouco Vilar; o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán; Alberto Román Rodríguez, representante da décima promoción de graduados; e o director do IV Ciclo, Maximino Quintáns Rodríguez.

O acto celebrouse na Escola Politécnica Superior de Lugo

The contents of this page were updated on 06.03.2011.