Skip to main content

A ETSE incorpora ao seu claustro de docentes visitantes ao catedrático de Arizona Jim Field

A ETSE incorpora ao seu claustro de docentes visitantes ao catedrático de Arizona Jim Field
A ETSE incorpora ao seu claustro de docentes visitantes ao catedrático de Arizona Jim Field

O director do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Arizona (USA), o catedrático Jim Field, incorporase como profesor visitante á Escola Técnica Superior de Enxeñaría compostelá. Patrocinado pola Fundación Fulbrigth, Fiel permanecerá na USC durante cinco semanas, tempo no que se proporá un intercambio de docentes e estudantes entre ambas as dúas universidades explorando a posibilidade de ofrecer un título duplo, O profesor Field dirixe en Arizona un grupo de investigación centrado na biodegradación e biotransformación de contaminantes, en sistemas de bioremediación e desenvolvemento de bioreactores. En Santiago o catedrático americano impartirá seminarios de investigación e obradoiros dirixidos aos estudantes de doutoramento e manterá reunións de traballo con membros do grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos do Departamento de Enxeñaría Química da USC.

The contents of this page were updated on 06.06.2011.