Skip to main content

Estudantes do Master de Arte da USC comisarían en Santiago unha exposición do artista portugués André Guedes

Cadernos, obxectos que tomarán vida na exposición de Guedes
Cadernos, obxectos que tomarán vida na exposición de Guedes
Hoxe comezamos a falar inaugúrase en Fonseca o vindeiro 19 de outubro

O artista portugués André Guedes retorna a Santiago anos despois da súa provocadora intervención urbana coa que trasladou ao Obradoiro o monumento homenaxe a Montero Ríos que descansa habitualmente en Mazarelos. Guedes volve agora forzar á reflexión, nesta ocasión sobre a necesidade de que o individuo participe nos procesos e prácticas de construción colectiva, mantendo o seu lugar e a súa consciencia como suxeito. A mostra Hoxe comezamos a falar -unha frase aberta extraída das recentes protestas do pasado mes de marzo na Praza dos Aliados do Porto- forma parte das actividades académicas da cuarta edición do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC de maneira que son os seus estudantes os que a comisarían co aclara intención de convidar a reflexionar sobre a acción humana (individual) no momento histórico presente (colectivo). Dúas seccións directamente asociadas e implicadas entre si conforman a exposición no Colexio de Fonseca. Por unha banda, unha escolma de obxectos e figurinos que pertencen á Aula de Teatro da USC, e, por outra, a teatralización de textos e manifestos de Voltaire, Marinetti e Picabia, entre outros, que serán interpretados por actores das diferentes compañías de teatro universitarias. Guedes deseña a escenografía colocando os obxectos en peañas sobre tarimas deixando que estes actúen e formen parte da performance por medio da manipulación que farán os actores.

Con esta nova produción –na que o carácter performativo, baseado na transmisión da palabra, volve estar presente na obra do artista portugués- hai tamén unha aproximación ao teatro como importante medio de crítica social.

The contents of this page were updated on 10.14.2011.