Skip to main content

A USC presenta este martes unha guía de criterios de linguaxe non sexista

O Servizo de Normalización Lingüística da USC acaba de publicar, en colaboración coa Oficina de Igualdade de Xénero, unha guía de criterios de linguaxe non sexista que se presentará este martes 18 ás 12.00 horas no Salón de Graos de San Xerome. Na presentación participarán a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; a coautora da guía, Alba Cid; e a profesora de Filoloxía da USC e colaboradora do volume, Teresa Moure. Esta guía pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual para toda a comunidade universitaria, en especial para as persoas nas que recae a responsabilidade de difundir información institucional

The contents of this page were updated on 10.17.2011.