Skip to main content

A Universidade de Santiago e o Consorcio asinan o convenio que regula a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais á USC

O reitor Juan Casares e o presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, asinarán este xoves 28 un convenio polo que a USC recoñecerá como títulos propios os estudos de posgrao do Programa da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), a través dun Diploma ou Gran Diploma de Especialización Orquestral. A sinatura desenvolverase ás 12.00 horas na sede da propia Escola na Finca de Vista Alegre.

The contents of this page were updated on 07.27.2011.