Skip to main content

USC, Deputación, Caixa Rural Galega e os empresarios lugueses asinan un convenio para promover actividades de investigación tecnolóxica

A Universidade de Santiago, a Deputación de Lugo, a Caixa Rural Galega e a Confederación Empresarial luguesa asinan este venres 29 en Lugo un convenio para promover actividades de investigación tecnolóxica no Campus. A sinatura terá lugar ás 13.00 horas na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo e a ela asisten o reitor Juan Casares Long; o delegado de Economía do Coñecemento, Emprendemento e Innovación da Deputación de Lugo, José Ramón Val Alonso; o presidente da Caixa Rural Galega, José María Pardo Montero; e o presidente da Confederación Empresarial Lucense, Eduardo Jiménez Domínguez.

The contents of this page were updated on 07.28.2011.