Skip to main content

O reitor preside en Lugo a graduación da 22ª promoción de titulados en Enxeñaría Agrónoma

O reitor Juan Casares presidirá este venres 22 no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo o acto de graduación da 22ª promoción de titulados en Enxeñaría Agrónoma. O acto comezará ás 18:00 horas coa intervención da madriña, a profesora da área de Tecnoloxía dos Alimentos Mª Ángeles Romero, a quen seguirá o padriño, o profesor de Enxeñaría Agroforestal Julio Gómez. Deseguido, tomará o relevo en representación do alumnado da promoción Laura Iglesias Loureiro. A entrega de diplomas e pines conmemorativos desta graduación precederá á intervencións de Javier José Cancela, delegado provincial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, e do director da EPS, Javier Bueno. Para completar a quenda de intervencións tomarán a palabra a delegada de Medio Ambiente e Enxerías Renovables da Deputación de Lugo, Sonsoles López, e a concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz.

The contents of this page were updated on 07.21.2011.