O Consello de Goberno da USC reúnese este martes en San Xerome
O Consello de Goberno da USC reunirase este martes 19 no Salón Nobre do Colexio de San Xerome nunha sesión que comezará a partir das 9:30 horas baixo a presidencia do reitor Juan Casares. A orde do día arrancará tratando a participación da USC na Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga, ao que lle seguirá a modificación dos plans de estudo da licenciatura e do grao en Medicina e do grao en Administración e Dirección de Empresas, a proposta de memoria de Máster en Medicina, a modificación da memoria do grao en Óptica e Optometría pola que se introduce a modalidade semipresencial no curso ponte da titulación e a corrección do límete de prazas no Diploma Superior en Criminoloxía para o próximo curso. Outros asuntos incluídos na xuntanza serán o Plan de Promoción dos Institutos Universitarios de Investigación, prazas de profesorado, os ámbitos e liñas xerais do Plan Estratéxico da USC para o período 2012-2020, así como a composición dos grupos de traballo para a elaboración deste plan; un acordo sobre a regulación dunha oportunidade de recuperación para alumnado de plans de estudo en proceso de extención; ou a corrección de erros na adscrición de áreas á materia Infancia, Familia e Escola.
Completando a orde do día, o Consello de Goberno trata tamén os regulamentos de réxime interno dos departamentos de Botánica e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación; cursos de posgrao propios; cambios de dedicación ou prórrogas de comisións de servizo, entre outros.