Skip to main content

Presentación do IX Congreso da Asociación mundial de químicos teóricos e computacionais

Ao evento de maior envergadura do mundo nesta materia asisten máis de 1.300 congresistas de 62 países

Máis de 1.300 químicos de 62 países daranse cita en Santiago entre os días 17 e 22 de xullo no IX Congreso mundial da WATOC (World Association of Theoretical and Computacional Chemist), a conferencia máis importante no florecente campo da química computacional de todas cantas se organizan no mundo. Os detalles deste evento científico presentaranos este xoves 14 en rolda de prensa os membros do comité organizador Saulo Vázquez, da USC, e Manuel Yáñez e Otilia Mó, da Universidade Autónoma de Madrid. A presentación será ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

The contents of this page were updated on 07.13.2011.