Skip to main content

Toma de posesión dos titulares de novos cargos do equipo de goberno da USC

Reunifícanse responsabilidades en dúas vicerreitorías e créase unha de Relacións Exteriores e Internacionalización

O reitor Juan Casares presidirá este xoves 28 a toma de posesión dos titulares das novas vicerreitorías de Titulacións e Persoal Docente e Investigador; de Estudantes, Cultura e Formación Continúa; e de Relacións Exteriores e Internacionalización. O acto protocolario celebrarase ás 11.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Concretamente, o catedrático Víctor Millet que se incorpora ao equipo de goberno da USC encargarase da nova vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización. Pola súa banda Carmen Fernández Morante será a responsable da Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador e Francisco Durán da de Estudantes, Cultura e Formación Continúa, estas dúas resultado dunha reunificación acordada polo reitor o pasado martes 26.

The contents of this page were updated on 07.27.2011.