Skip to main content

Éxito do II Trofeo interuniversitario eurorrexional

Éxito do II Trofeo interuniversitario eurorrexional
Éxito do II Trofeo interuniversitario eurorrexional

As augas do Miño foron este sábado testemuñas de excepción na competición de barcos k4 que enfrontou ás seis universidades de Galicia e do Norte de Portugal. A Universidade de Vigo fíxose cos trofeos das modalidades feminina e mixta, mentres que a de Minho gañou na masculina. Ao longo da xornada desenvolvéronse numerosas actividades lúdico-culturais tanto nas beiras do río como nos centros históricos de Valença do Minho e Tui. As actuacións dos Bomboémia, da Vibratuna da UTAD, do grupo de Pauliteiros de Miranda, e da Tuna masculina universitária da Uporto e do grupo de Danza da USC fixeron gozar a todos os asistentes. A gastronomía tamén tivo o seu lugar destacado na celebración xa que coincidía coa Festa de Tasquinhas de Valença do Minho na que se puideron degustar produtos típicos do municipio “con sabor de aldea”. Esta regata, organizada pola Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais) en colaboración co concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho, pretende converterse nun punto de encontro entre os universitarios de ambas marxes do río Miño, afianzando lazos e fomentando a cooperación entre as universidades, así como promover a práctica regular de actividade física.

The contents of this page were updated on 10.03.2011.