Skip to main content

A promoción 2008-2011 da Diplomatura de Mestre do Campus de Lugo celebra este venres a graduación

A promoción que remata este ano a Diplomatura de Mestre na Escola Universitaria de Formación de Profesorado de Lugo celebra hoxe venres, 1 de xullo, o seu acto de graduación, que presidirá a vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández Morante. Na cerimonia intervirán, ademais dos representantes das diplomaturas, o director da Escola, Francisco Rodríguez Lestegás, e o padriño da promoción, o profrsor Francisco Xosé Silvosa Costa.

The contents of this page were updated on 07.01.2011.