Comezan na USC os Campus Científicos de Verán

O programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ participa de novo este ano nos Campus Científicos de Verán 2011, un programa organizado pola FECYT en colaboración co Ministerio de Educación e co apoio da Obra Social La Caixa. O profesor Luis Hervella Torrón é a persoa designada pola USC para coordinar esta actividade, que se inaugurou este lunsno Colexio Maior Fonseca (Campus Vida) nun acto no que participou o vicerreitor de Estudantes, Francisco Durán. Coa finalidade de impulsar o interese da xente nova pola ciencia e a tecnoloxía e incentivar o acceso a titulacións científico-técnicas, a iniciativa, que conta coa colaboración de vinte universidades con Campus de Excelencia Internacional, diríxese a estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de toda España que se incorporarán a grupos e departamentos de investigación en dous períodos de catorce días cada un. En concreto, participarán en dous proxectos científicos que eles mesmos escollerán de entre os catro que se desenvolverán en cada universidade baixo a dirección de docentes universitarios e co apoio de mestres de ensinanza secundaria. Nesta ocasión a USC oferta ‘Sistema de tratamento para eliminar a contaminación das augas residuais’, do profesor Gumersino Feijoo; ‘Buscando aspartículas más enerxéticas do Universo’ de Inés Valiño Rielo; ‘Musgos: os detectives do aire’, de Jesús R. Aboal Viñas; e ‘A maxia dos hidroxeles’ de Juan J. Torres Labandeira. Ademais, os estudantes terán ocasión de asistir na USC ás charlas dos profesores Angel Carracedo Álvarez sobre o xenoma, Jorge Mira Pérez sobre a distancia que nos separa do firmamento e Enrique Macías Virgos relacionada coas matemáticas.