Skip to main content

A USC sortea tres billetes InterRail entre o seu estudantado

A Universidade de Santiago sorteará este venres 8 tres billetes InterRail entre o estudantado que descargase no seu móbil a nova aplicación mobiguia, que contén a información máis relevante da oferta formativa da institución docente. O sorteo, ao que pode asistir calquera persoa interesada, será ás 12.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Esta é unha nova campaña que o programa A Ponte acaba de poñer en marcha estando accesible ás persoas interesadas na súa páxina web (http://www.usc.es/gl/perfis/futuros/aponte/modules/news/news_0013.html). Para descargar a aplicación non é preciso dispoñer de acceso a internet, basta con descargar dunha mensaxe GPRS a aplicación que se instalará automaticamente no móbil. Trátase dunha aplicación compatible coa inmensa maioría de terminais de telefonía do mercado, sen que o servizo teña un custe engadido máis alá do que corresponda polo tráfico de datos propio da descarga.

The contents of this page were updated on 07.06.2011.