Skip to main content

Comezou na USC un encontro internacional con expertos de primeira orde en enxeñaría e matemáticas

Comezou na USC un encontro internacional con expertos de primeira orde en enxeñaría e matemáticas
Comezou na USC un encontro internacional con expertos de primeira orde en enxeñaría e matemáticas
En torno á figura do profesor chileno Eleuterio Toro, cuxas ecuacións hiperbólicas son parte do “ADN das matemáticas”

Máis de 130 expertos de 20 países asisten na Facultade de Matemáticas da USC a unha conferencia internacional en torno á figura de Eleuterio Toro, docente da Universidade de Trento considerado unha inminencia no eido das ecuacións. Trátase dunha oportunidade única en canto a proxección internacional da investigación española en resolución numérica de ecuacións hiperbólicas A conferencia inaugurouse este luns na Facultade de Matemáticas nun acto ao que asistiron o reitor da USC, Juan Casares; o decano da Facultade de Enxeñaría de Trento, Marco Turbino; a vicedecana da Facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquel Abal; o propio Eleuterio Toro; a coordinadora do congreso, Elena Vázquez Cendón; o profesor James Glimm en representación do comité científico; e a directora xerente do xacobeo, Camino Triguero. Baixo o título ‘Numerical Methods for Hyperbolic Equations. Theory and Applications’, o Departamento de Matemática Aplicada da USC reúne así a algúns dos máis destacados expertos en métodos numéricos para ecuacións hiperbólicas da comunidade matemática e a enxeñaría internacional. O presidente do comité científico é o Premio Abel (equivalente ao Nobel de Matemáticas), Peter Lax. Eleuterio Toro Eleuterio F. Toro, profesor de Análise Numérica da Universidade de Trento, ostenta na comunidade matemática internacional un merecido prestixio como docente polas súas achegas á educación e ao desenvolvemento de métodos numéricos para ecuacións en derivadas parciais. As ecuacións hiperbólicas son parte do “ADN das matemáticas” en problemas moi relevantes na Dinámica de Fluídos Computacional (CFD), concretamente na Hidráulica e a Oceanografía para modelar os Tsunamis, pero tamén para os fluxos no corpo humano, o proceso de combustión ou a Astrofísica, e son de gran aplicación na industria e a empresa a través da implementación dos métodos numéricos que as resolven en códigos informáticos. Todas estas cuestións serán tratadas en Santiago por un importante elenco de científicos expertos en Matemáticas e Enxeñaría. Curso previo O interese que esperta a figura de Toro e as aplicacións cada vez maiores desta disciplina motivou a celebración durante esta fin de semana pasada do Short course on Numerical Methods for Hyperbolic Equations para 35 estudantes de posgrao. O propio Profesor Toro impartiu unha das sesións do curso e os participantes con bolsa de axuda recibirán un exemplar asinado dun dos seus textos máis definitivos. Esta sinatura, á que tamén están convidados os medios de comunicación, terá lugar o xoves 7 ás 11.00 horas na Facultade.

The contents of this page were updated on 07.04.2011.