Skip to main content

Fonseca acolle a clausura de catro másteres de Odontoloxía

O reitor Juan Casares presidirá este venres 8 ás 19.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o acto de clausura de catro másteres que se imparten na Facultade de Medicina e Odontoloxía nunha sesión que contará coa presenza do decano deste centro, Juan Gestal; a vicedecana do centro, Inamaculada Tomás; o director do Departamento de Estomatoloxía, Juan Seoane; e o presidente do Colexio de Odontólogos da Coruña, José Mª Suárez. Concretamente, neste acto clausurarase a actividade académica dos másteres de Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial, en Odontoloxía Práctica Diaria, en Rehabilitación Oral mediante Prótese Dental e Implantoprótese e o Internacional Teórico-Práctico de Endodoncia Avanzada. No discurso que realizarán os representantes dos alumnos, Pablo Castelo e Ángela Aneiros, farán especial fincapé na dignificación e busca da excelencia na práctica odontolóxica.

The contents of this page were updated on 07.07.2011.