Skip to main content

Reúnense en Santiago investigadores sobre as literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano

A Rede temática ‘Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano’ (LIJMI) reúnese este martes 6 no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Nesta reunión anual da rede, creada en 2004 polos investigadores do grupo LITER21 da USC que traballan sobre a literatura infantil e xuvenil, perfilaranse as actividades a levar a cabo durante o ano e debaterase sobre os contidos do presente e próximos cursos. Curso Diferentes membros da Rede interveñen esta semana nalgunhas das sesións da VIII edición do Curso de Formación Continua ‘As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora. O álbum infantil’ que se desenvolve na Biblioteca Novacaixagalicia.

Os máis de cen matriculados asisten a charlas, mesas e coloquios sobre o álbum infantil como produto editorial e sobre o seu uso nas aulas ou en talleres de tipofotos. Ademais no transcurso do encontro, o xoves 5 ás 10.00 horas, presentarase o monográfico O álbum infantil. Século XXI que se publica co apoio da Fundación Caixa Galicia e Edicións Xerais de Galicia.

The contents of this page were updated on 09.05.2011.