Skip to main content

Reúnese en Santiago a rede de investigación sobre literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano

Reúnese en Santiago a rede de investigación sobre literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano
Reúnese en Santiago a rede de investigación sobre literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico e iberoamericano

O VIII curso de formación continua ‘As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora. O álbum infantil’ continúa desenvolvéndose na Biblioteca Novacaixagalicia de Santiago baixo a dirección da profesora Blanca Roig. Na súa segunda xornada participaron a docente da Universidade de Coimbra Alexia Dotras cun relatorio titulado ‘Fóra dos programas universitarios, pero tan dentro das aulas: o álbum ilustrado en Infantil, Primaria e Secundaria. Tipos e usos’ e a directora de arte de OQO, Belén G. Freijeiro. A sesión complétase coa intervención da investigadora da Universidade de Aveiro Carina Rodrigues sobre os elementos de análise dun álbum e un taller creativo de tipofotos a cargo dos profesores e investigadores da Universidade da Coruña José Mª Mesías e Xana Morales. Reunión da Rede LIXMI Paralelamente, e como vén sendo habitual cada ano, este martes membros do grupo de investigación LITER21 da Universidade de Santiago reúnen no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) á Rede temática de investigación ‘As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano’ (LIXMI) creada en 2004 na USC.

Nesta ocasión os debates da reunión xiran arredor da narrativa xuvenil e o seu desenvolvemento no século XXI nos ámbitos lingüísticos ibéricos e de parte de iberoamérica, centrándose nas obras canonizadas imprescindibles para a educación literaria. Ademais, organizaranse as actividades anuais da Rede, entre elas o curso de formación continua do próximo ano, e revisarase o Informe de literatura, proxecto que Roig Rechou dirixe no CIRP, para achegar novas propostas.

The contents of this page were updated on 09.06.2011.