Skip to main content

AENOR entrégalle á USC a renovación da certificación de calidade para a súa área académica

O director de AENOR, Martín Pita López, entregaralle este martes 20 ao reitor da USC, Juan Casares Long, o certificado de renovación da certificación correspondente ao Sistema de Xestión da Calidade segundo a norma UNE-EN ISO 9001:2000 da Área Académica. O acto desenvolverase ás 12:00 horas no salón de graos do Colexio de San Xerome e a el asistirán membros do comité de dirección da ISO do Sistema de Xestión de Calidade da Área Académica, órgano responsable da análise anual do funcionamento do sistema, e do comité de calidade encargado da súa implantación. A USC acadara este certificado en 2005 para os seus servizos de xestión da oferta e programación académica, xestión académica e a oficina de análise de reclamacións. Logo dunha renovación en 2008, agora recibe outra prórroga de tres anos unha vez realizadas as obrigadas dúas auditorías anuais, unha de carácter interno e outra de carácter externo. No servizo de xestión da oferta e programación académica as actividades obxecto da certificación son as da oferta da libre elección, a determinación do límite de prazas e a planificación académica anual (elaboración e aprobación da PDA, elaboración e aprobación do POD e confección da oferta académica) para titulacións oficiais e propias de 1º e 2º ciclo e graos. Pola súa banda, para o servizo de xestión académica aválase a calidade da xestión administrativa dos procesos de admisión e matrícula, recepción de actas, títulos, validacións, actos académicos e certificacións para titulacións oficiais e propias de 1º e 2º ciclo e graos. Normas ISO As normas ISO, ferramentas de mellora internacionalmente admitidas, son un conxunto de regras de carácter social e organizativo para mellorar e potenciar as relacións entre os membros dunha organización. A súa aplicación redunda na mellora das capacidades e rendemento tendo como resultado último conseguir un aumento da calidade final do servizo para así acadar unha maior satisfacción dos seus usuarios.

Aenor é, ademais do representante español das organizacións internacionais ISO, unha entidade dedicada ao desenvolvemento da normalización e da certificación en todos os sectores industriais e de servizos. Ten como propósito contribuír á mellora da calidade e a competitividade das organización.

The contents of this page were updated on 09.19.2011.