Skip to main content

LITONOR exhibe na Igrexa da Universidade a súa colección de arte contemporánea

LITONOR exhibe na Igrexa da Universidade a súa colección de arte contemporánea
LITONOR exhibe na Igrexa da Universidade a súa colección de arte contemporánea

Dezaoito anos de traballo da empresa de artes gráficas compostelá LITONOR a prol da cultura, co apoio expreso a artistas noveles e outros consagrados, deron como resultado unha importante colección de arte contemporánea que a partir deste mércores e ata o 25 de outubro se exhibirá na Igrexa da Universidade. A inauguración terá lugar esta noitiña, ás 20.00 horas, e contará coa presenza do reitor Juan Casares; do alcalde da cidade, Gerar Conde Roa; e da comisaria Mercedes Rozas. LITONOR_ARTE : EDICIÓN recolle unha escolma da colección que no seu conxunto responde ao eclecticismo que ultimamente domina a arte contemporánea. Pinturas, fotografías, gravados, debuxos, esculturas e instalacións mestúranse con publicacións premiadas, catálogos de arte, documentos sonoros e visuais ou carpetas ilustradas de exclusivas e limitadas edicións.

The contents of this page were updated on 09.14.2011.