Skip to main content

A USC reivindica o seu papel transformador da sociedade na inauguración do novo curso

O acto celebrouse no Salón Nobre de Fonseca
O acto celebrouse no Salón Nobre de Fonseca

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, presidiu no Salón Nobre de Fonseca o acto académico de lectura do discurso inaugural do curso 2011-2012 que baixo o título ‘Indicios de desaparición e tres fotografías dende onde o mundo se chama Galicia’ correu a cargo da catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade Margarita Ledo Andión. Era este o primeiro ano que o discurso lle correspondía á Facultade de Ciencias da Comunicación, precisamente cando que se cumpren 20 anos da súa creación. De aí que a catedrática Ledo aproveitase para comezar a súa lección sobre fotografía facendo un percorrido por dúas décadas de tituladas e titulados á vez que denunciando a situación actual que os obriga a marchar ao estranxeiro. “Non estou a lles dicir nada novo cando sitúo o problema máis grave da relación universidade-sociedade precisamente na desaparición de persoas ben formadas cara a alén mentres nós imos ficando sos”, dixo. Na mesa presidencial acompañaron o reitor o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga; o vicerreitor de Profesorado da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto; a secretaria xeral da Universidade de Vigo, Inmaculada Valeije; e os vicerreitores de Investigación e Innovación, Coordinación do Campus de Lugo e Economía e Infraestruturas da USC, Francisco González, Pedro García e Sara Cantorna, respectivamente. Instrumento de transformación

Na súa intervención Casares fixo súa unha idea do galego Modesto Seara, hoxe reitor do Sistema de Universidades Públicas de Oaxaca, acerca da universidade como instrumento cultural capaz de transformar a sociedade “e non só como institución de ensino”. “Porque a educación superior e a investigación conteñen a chave para resolver os desafíos desta sociedade”, dixo. E engadiu que “non podemos asumir o risco de perder unha xeración de xente capacitada ou un descenso nas actividades de investigación e transferencia de coñecemento mentres os países e institucións cos que competimos seguen investindo de xeito notable na Universidade”. Agora ben, matizou, a formación e o crecemento intelixente esixe un “ compromiso a longo prazo” por parte das administracións públicas para garantir unha suficiencia financeira.

Para o reitor compostelán a situación actual é estraña e paradoxal: aparentemente as Universidades gozan da confianza e o respecto da sociedade -segundo unha recente enquisa do CIS, os científicos e a Universidade son o primeiro e o terceiro colectivos que máis confianza lle merecen- “e, non obstante, ponse en dúbida a eficiencia e eficacia do noso traballo”, afirmou. “Ou sexa, esíxennos que avancemos máis alá dos límites do coñecemento actual e ao mesmo tempo solicítannos resultados prácticos a curto prazo para axudar ao despegue económico”. Por todo isto, continuou, faise importante “máis que nunca nestes momentos” establecer como a Universidade pode contribuír a afrontar este futuro de incerteza. Casares deu algunhas claves: un incremento do financiamento público e de recursos públicos para poder afrontar a cada vez maior mobilidade xeográfica e unha especial atención aos cambios tecnolóxicos últimos. Memoria anual No transcurso do acto a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya, deu lectura á habitual memoria do pasado curso no que a plantilla estaba composta por 2223 docentes, 1274 traballadores de administración e servizos e 32.369 estudantes, que puideron escoller entre 63 titulacións oficiais de primeiro e segundo ciclo, todas elas xa en proceso de extinción substituídas por 48 titulacións de grao. Ademais, o curso pasado ofertáronse un total de 74 másteres oficiais e 25 propios e 34 cursos de especialización ao que se suman catro titulacións propias. No que respecta á investigación informou de que o pasado curso se leron 220 teses doutorais e se acadaron 486 proxectos de investigación en convocatorias competitivas, o que representou un total de 31,55 millóns de euros. Ademais, os investigadores da USC obtiveron pola vía de contratos, ditames, servizos ou informes máis de 14 millóns de euros. Grazas a este resultado, a Universidade de Santiago encóntrase no 10 % das universidades que captan un maior número de recursos externos. En relación ás axudas no marco de diferentes programas de recursos humanos a secretaria xeral destacou pola súa excepcionalidade a obtención por parte de tres investigadores de dous contratos denominados Starting Grant, no ámbito de Física de partículas e Fisioloxía. Por último, dentro dos programas de mobilidade máis de 908 estudantes desenvolveron os seus estudos en universidades da UE, Latinoamérica ou noutras universidades españolas, mentres que a USC recibiu a un total de 1389 estranxeiros. Ademais, liderou 16 proxectos de cooperación financiados polo Ministerio e participou como coordinadora de catro proxectos EM-ECW Erasmus mundos-External Cooperation Window con América Latina e Asia Central. Insignias Fonseca Setenta e tres integrantes da comunidade universitaria, dezasete deles do cadro de persoal de administración e servizos e os restantes do persoal docente e investigador, recibiron as insignias Fonseca polos seus máis de trinta anos de traballo na USC. No acto interviñeron Francisco Javier Jorge Barreiro e Elías Suárez en representación do profesorado e do PAS, respectivamente. Recibiron a insignia os PAS Josefa Domínguez Cristobo, Rosa Domínguez Noya, Mercedes Fandiño Suárez, Carlos Fernández Izquierdo, Fernando Fernández Vidal, Carmen Lareo García, Juana López-Anglada Pérez, Manuel Lugilde Carnero, Mª del Carmen Mallou Otero, María Martínez García, Fidel Montes Frías, Santiago Rey Budiño, Elías Suárez González, José Manuel Traveso Pardo, Dolores Varela Míguez, Concepción Vázquez Castro e María Vázquez Gil. Do PDI viron recoñecido o seu traballo coa insignia Gloria Abuín Figueiras, José Ramón Alonso Fernandez, Fernando Álvez González, Carlos Rosendo Buján López, José Cabezas Cerrato, Mª del Carmen Capeans Tomé, Antonio Alberto Carro Fernández-Valmayor, José Carro Otero, Mª Victoria Castaño Palazón, Luis Ángel Cordero Rego, José Benito Costal Pereira, Jesús Devesa Múgica, Rosalía Díaz González, Manuel Domínguez García, María Ángeles Ferreiro Novo, José María Folgar de la Calle, María Amelia Fraga Fuentes, Manuel García Sánchez, José Alberto García Suárez, José Benito García-Bengoechea González-Moro, Jaime García-Lombardero Viñas, Eduardo Gayoso Andrade, Carlos Gómez-Reino Carnota, Marcial Gondar Portasany, Eduardo Iribarnegaray Jado, Enrique José Jiménez Gómez, Francisco Javier Jorge Barreiro, Pedro Lamas Cedrón, David López Casal, Pablo López Barrera, Constantino Midón Martínez, Eduardo Míguez Ben, Enrique Moldes Teo, Lydia Monasterio Corral, Francisco Novoa Docet, María Ángeles Novoa Gómez, Jesús Osorio Peláez, Mª del Pilar Pavón Belinchón, Manuel Peleteiro Fernández, Gerardo Pereira Menaut, Manuel Arturo Pombo Arias, Mª Teresa Prado González, Rosa María Real Ruíz, Alfonso Rey Álvarez, María Teresa Ríos Miramontes, Luís Rodríguez Camarero, Julio Rodríguez López, Miguel Romaní Martínez, José JOaquín Sánchez Guillén, Juan José Sanmartín Pazos, José Sordo Rodríguez, Manuel Taboada Castiñeiras, José L. Veiga García, Juan José Vidal Carreira, Montserrat Villarino Pérez e Luis Tomas Villegas Forero. Autoridades Ademais do equipo de dirección da Universidade compostelá e de representantes das outras dúas galegas, a cerimonia contou coa presenza do alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa; do fiscal superior de Galicia, Carlos Varela; dos ex-reitores da USC Darío Villanueva e Senén Barro; e do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, entre outros. Presidiu o acto o reitor Casares, a quen acompañaron membros do consello de dirección das USc e das outras dúas universidades galegas Parte dos 73 traballadores da USc que recibiron as Insignias Fonseca Asistiron á cerimonia nomerosos docentes togados O acto rematou coa intervención do reitor compostelán A catedrática Margarita Ledo foi a encargada de ler a lección inaugural

The contents of this page were updated on 09.12.2011.