Skip to main content

Somos a curta! celebra o mércores a súa entrega de premios

O I Premio de Curtas de Comedia coñecerase este mércores 14 nunha gala pública presentada pola actriz e humorista Isabel Risco na que se proxectarán os cinco traballos finalistas. Será ás 19.30 horas no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. A esta primeira edición presentáronse doce curtas de temática variada, das que o xurado elixiu as finalistas que se presentarán na gala: Longa noite de verga, Pericosis, O crepúsculo de Von Carter, Lectura pracenteira e Xizeitor, todos eles da autoría de estudantes das universidades galegas, das escolas de imaxe e son e dos institutos con bacharelato artístico de Galicia. A gañadora recibirá 600 euros. Humor, lingua e curtametraxe son os tres eixes principais de Somos a curta! I Premio de curtas de comedia 2011, un certame organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación que tratou de conciliar o riso e a creatividade cos actuais tempos de crise.

The contents of this page were updated on 12.13.2011.