Skip to main content

O Colexio de Fonseca acollerá o xoves a inauguración da exposición fotográfica ‘Compostela, un ano de Voz 2011’

A exposición ‘Compostela, un ano de Voz 2011’ abrirá as súas portas no Colexio de Fonseca este xoves 15 co acto de inauguración desta exposición que recolle a visión dos fotógrafos Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Paco Rodríguez e Sandra Alonso respecto do acontecido ao longo do ano en Santiago e en Galicia. Na inauguración, que se celebrará no Colexio de Fonseca a partir das 20.00 horas, intervirán o reitor Juan Casares; o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa; o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o director de La Voz de Galicia, Xosé L. Vilela, e Xoán Soler en representación do equipo de reporteiros gráficos de La Voz. Asiste ademais o delegado en Santiago de La Voz de Galicia, Ignacio Carballo. ‘Compostela, un ano de Voz 2010’ é xa unha cita obrigada dentro da oferta expositiva de Santiago e máis particularmente no relativo ao fotoxornalismo. Os visitantes atoparán nesta exposición máis de medio cento de instantáneas que retratan os acontecementos máis significativos da cidade ao longo de 2011. Cada unha das imaxes vai acompañada da páxina onde foi publicada no seu día.

The contents of this page were updated on 12.14.2011.