Skip to main content

Últimos días para inscribirse no III Torneo Social de Reis de Tenis

Do 2 ao 8 de xaneiro, o Servizo de Deportes e a Fundación USC Deportiva organizan o III Torneo Social de Reis de Tenis co que a institución docente compostelá iniciará o ano deportivo. O torneo, que nesta ocasión conta tamén coa colaboración da tenda Punto de Partido, está dirixido ao alumnado das escolas de tenis da USC e aos usuarios de práctica libre. As categorías dividiranse en júnior (masculino e feminino) para os menores de 18 anos e sénior (masculino e feminino) para os maiores de idade. Farase entrega dun trofeo ao gañador de cada categoría. Coa organización desta competición preténdese que os participantes poidan aplicar os coñecementos adquiridos nos seus adestramentos nunha situación competitiva real sen esquecer, por suposto, a vertente lúdica.

The contents of this page were updated on 12.23.2011.