Skip to main content

O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe explicou na EPS o proceso de redacción do Plan do Litoral

A charla desenvolveuse na Escola Politécnica Superior de Lugo
A charla desenvolveuse na Escola Politécnica Superior de Lugo

O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, Manuel Borobio, explicou este martes na EPS o proceso de redacción do Plan do Litoral, ademais de incidir na metodoloxía utilizada na redacción do documento, particularmente nos criterios usados para delimitar a área litoral galega. A intervención forma parte da actividades académica do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio. A paisaxe, os compoñentes xeolóxico e xeomorfolóxico, así como os procesos bióticos costeiros foron elementos clave á hora de delimitar o alcance do Plan, explicou Borobio, aínda que tamén sinalou que o seu obxectivo era integrar a parte natural coa parte humana, para que usos e actividades humanas estivesen en equilibrio. Por último, Manuel Borobio fixo unha valoración inicial do Plan tras un ano en vixencia, indicando como as súas dez determinacións influíron no planeamento municipal e en políticas sectoriais como a acuícola. A súa intervención terminou cun debate cos alumnos do Máster, onde se reflexionou sobre a ordenación do territorio en Galicia, a función do futuro Instituto de Estudos do Territorio e a nova estratexia da Paisaxe para Galicia como unha extensión da metodoloxía utilizada no Plan.

The contents of this page were updated on 12.21.2011.