O Espazo de Danza da USC intervén este venres en Culturgal 2011
O Espazo de Danza da USC participa este venres 2 en Pontevedra nas actividades da Feira das Industrias Culturais (Culturgal 2011) dentro do Fashion Show do deseñador galego Gonzalo Vázquez. O Espazo da USC proporá un espectáculo para sorpresa dos asistentes onde se mesturan moda e danza. A intervención realizarase a partir das 22.00 horas no Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA). A colaboración non é nova, xa que a comezos do pasado novembro, na presentación da colección ‘ Meat & Dream’ do deseñador galego, o Espazo de Danza colaborou neste presentación cun notable éxito que esta agrupación pretende agora repetir en Culturgal.