Skip to main content

A USC convoca 44 bolsas para realizar prácticas profesionais en empresas e institucións europeas

A USC convoca 44 bolsas para realizar prácticas profesionais en empresas e institucións europeas
A USC convoca 44 bolsas para realizar prácticas profesionais en empresas e institucións europeas
O VI Programa Europracticum presentouse este xoves en Lugo

A Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo promove dende a súa Area de Orientación e Inserción Laboral e en colaboración co Consello Social da USC a sexta edición do programa Europracticum VI de prácticas profesionais remuneradas en empresas e institucións europeas. O prazo de inscrición remata o 28 de decembro. O reitor da USC, Juan Casares, presentou este xoves os detalles da nova convocatoria deste programa, que a Axencia Nacional Leonardo cualifica cunha puntuación 8,9 sobre 10 en canto a criterios de calidade. Na presentación estiveron tamén presentes o vicerreitor de Planificación e Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García; o secretario do Consello Social da USC, Benigno Carril; e a responsable da Área de Orientación Laboral de Lugo, Gloria Cruz. Nesta sexta convocatoria ofrécense 44 bolsas dirixidas a quen obtivese a súa titulación entre xaneiro de 2006 e setembro de 2011, ambos os dous incluídos. Ademais, as persoas candidatas non poderán ter experiencia laboral relacionada coa titulación superior a un ano, deberán coñecer un idioma do país de destino e non gozar doutra bolsa do Programa Leonardo da Vinci. O programa Dende 2001 a USC xestiona o Europracticum, enmarcado no Programa Leonardo da Vinci, do que se beneficiaron xa 400 persoas, das que o 40% acordou finalmente un contrato de traballo. Entre as empresas e entidades que colaboran como socios de acollida figuran o British Museum, Tate Gallery, Jardim Botanico de Ajuda, Unilever Holanda, Oxfam Internacional, Trinity College, Nacional Oceanographic Southampton ou a Fundaçao Calouste Goulbequian, entre outras moitas. A achega económica da bolsa de Europracticum VI para as vinte e catro semanas que duran as prácticas destínase a gastos de viaxe, aloxamento e manutención e está en función do país de destino, indo dende os 2.615 euros de Turquía ata os 4.655 de Noruega. As prácticas realizaranse nos 27 estados membros da Unión Europea e nos países candidatos (Croacia Turquía, Antigua República Iugoslava de Macedonia e Islandia). Proceso de selección Unha vez realizada a inscrición as persoas interesadas deberán realizar unha proba de idioma a escoller entre inglés, alemán, italiano, francés e portugués, da que quedarán exentos quen presenten certificación oficial de acordo co establecido no marco común europeo de referencia. Superada esa proba deberase realizar un curso de habilidades sociais e técnicas empresariais, tras o cal terá lugar unha entrevista persoal.

The contents of this page were updated on 12.01.2011.