Skip to main content

Conferencia sobre as Directrices de Ordenación do Territorio na Politécnica

O profesor da USC Román Rodríguez González impartirá o mércores 1 de decembro unha conferencia arredor das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia na Escola Politécnica Superior. O acto terá lugar ás 19:00 horas no salón de actos deste centro do Campus de Lugo.

Rodríguez González é membro da Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia ao tempo que profesor vinculado ao departamento de Análise Xeográfica Rexional da USC. A conferencia terá lugar no marco do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, unha acción formativa de carácter oficial que se imparte na Politécnica por vez primeira no presente curso e que está impulsado por este centro en colaboración co IBADER.

The contents of this page were updated on 11.30.2010.