Preséntase o XVI Festival Internacional de Teatro Universitario de Lugo
Os representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Delegación Provincial da Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán este martes 30 de marzo ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus lugués a programación do XVI Festival Internacional de Teatro Universitario que se desenvolverá na cidade dende o 14 ao 20 de abril.
Na presentación estarán a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; a concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez; e o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez.