Skip to main content

Aberta a matrícula para asistir a un curso avanzado de fotografía dixital en Lugo

A USC abre este luns 1 de febreiro o prazo de matrícula para asistir ao curso de perfeccionamento de fotografía dixital que o fotógrafo Xoán Piñón impartirá no campus de Lugo. Os interesados poden apuntarse ata o vindeiro 26 de febreiro.
As sesións desenvolveranse na Aula de Audiovisuais da Escola Universitaria de Formación de Profesorado os días 12, 13, 26, 27 e 28 de marzo en horario de 16:00 a 21:00 horas os venres, de 10:30 a 14:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas os sábados, e de 10:00 a 14:00 horas os domingos.
Os asistentes ao curso poderán ampliar os seu coñecementos sobre as cámaras dixitais e os seus accesorios, a luz, a cor e a toma de fotografías en movemento, ademais de realizar prácticas cos programas informáticos de retoque fotográfico.

The contents of this page were updated on 01.29.2010.