A revista Semata presenta un novo número
A revista Semata presentará este martes 30 un novo número, o que fai o volume número 22, nun acto público que se vai celebrar na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia a partir das 12:00 horas. Trátase dun número monográfico que recolle achegas de carácter multidisciplinar sobre as catedrais en Galicia e España con especial atención á de Santiago de Compostela. Na presentación intervirán o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo; o decano da Facultade, Juan Monterroso; os coordinadores do volume, os profesores Miguel Taín Guzmán e Roberto J. López; o director do Servizo de Publicación e Intercambio Científico, Juan Blanco Valdés; e a presidenta do Consello de Redacción da revista, Mª Carmen Saavedra.
O sumario deste novo número preséntase articulado en tres bloques temáticos baixo os epígrafes As catedrais hoxe. Investigación, conservación e usos; Bispos, cabildos, cóengos e fábricas catedralicias; e cultura e padronazgo artístico capitular.