Skip to main content

Docentes do Departamento de Enxeñaría Agroforestal presentan en Lugo a Spanish Journal of Rural Development

Cúmprese agora un ano dende que un grupo de docentes do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago se comprometeu a poñer en marcha unha revista científica internacional. De aí xurdiu a Spanish Journal of Rural Development (SJRD), que este xoves 30 se presenta ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Lugo con motivo do seu primeiro aniversario e da colaboración para promocionar a iniciativa Lugo Cidade 10.

Ao acto asistirán o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o director e a secretaria da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno e Teresa Rodríguez; os concelleiros de Cultura e Medio Ambiente, Nuria Mundiña e Lino González; e o editor da revista, o profesor Ignacio Díaz-Maroto Hidalgo.

The contents of this page were updated on 09.28.2010.