Skip to main content

Dous atletas veteranos da USC, no podio do Campionato de España desta fin de semana

O equipo de veteranos da USC participou esta fin de semana no Campionato de España celebrado na Coruña, sendo dous os atletas que subiron ao podio do club.
Xosé Luis Otero Cepeda proclamouse campión de España de veteranos M55, logo dunha traxectoria envexable esta tempada e tras ser recentemente campión de 3.000 metros lisos na pista cuberta en Zaragoza.
Por outra banda, Manuel Vigo Otero quedou subcampión de España de campo a através na categoría M45, só superado polo atleta olímpico e mundialista Martín Fiz.
Destacou tamén a actuación de Santiago Estévez Lado, sexto en M50, e de Santiago García Ferrón, posto 24 en M35.

The contents of this page were updated on 03.09.2010.