O Espazo de Danza da USC presenta un novo 'Xa que pasas...'
O Espazo de Danza da USC estrea a vindeira semana un novo “Xa que pasas...”, un proxecto de interacción entre a danza e a vida cotiá universitaria coa intervención en diferentes ambientes dos campus universitarios de Santiago.
Distintos vestíbulos de facultades onde transita a comunidade universitaria serán escenarios improvisados das pequenas intervencións coreográficas. Así, o luns, 8 de marzo, o espazo elixido será ás 17:00 horas a Facultade de Ciencias da Comunicación e o luns, día 15, a de Ciencias da Educación, no Campus Vida.