Skip to main content

A USC presenta o libro 'Luís Seoane e a Galicia Medieval', de Charo Portela

A Universidade de Santiago «madruga» editorialmente no ano Seoane

Cunha monografía sobre a recepción da Idade Media na obra plástica e literaria de Luís Seoane, a Universidade de Santiago de Compostela adiántase ao panorama editorial no ano en que se cumpre o centenario do nacemento de Seoane.
A obra Luís Seoane e a Galicia Medieval, da autoría da ex subdirectora de Ediciós do Castro, Charo Portela Yáñez, fai o número 31 da veterana colección «Biblioteca de Divulgación. Serie Galicia» da USC que dirixe a catedrática de Filoloxía Románica Mercedes Brea, colección inaugurada en 1989 e que con este volume estrea novo deseño de cuberta e interior.
Olibro preséntase en rolda de prensa este martes, 9 de marzo, ás 11: 00 h na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Acompañarán á autora o prologuista Isaac Díaz Pardo, grande amigo e colaborador de Seoane; a profesora Mercedes Brea; o director académico do Servizo de Publicacións, Antonio Azaustre e o director do mesmo Servizo, Juan L. Blanco Valdés.

The contents of this page were updated on 03.08.2010.