Skip to main content

Lugo Cultural presenta os concertos do ciclo Lubicán

Os representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Delegación Provincial da Consellaría de Cultura, a Deputación Provincial, o Concello de Lugo e a Fundación Caixa Galicia, presentarán o luns 15 de marzo ás 11:15 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus lugués o programa de concertos do ciclo Lubicán.
Na presentación estarán a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo; o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Carlos Rodríguez Andina; o delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; e o xerente da Fundación Caixa Galicia en Lugo, Sinesio Pérez.

The contents of this page were updated on 03.12.2010.