Skip to main content

Beatriz Cancela Montes recolle en Santiago o I Premio de Investigación Histórica 'Domingo Fontán'

A investigadora Beatriz Cancela Montes recibe este martes 16 o premio de investigación histórica Domingo Fontán na súa primeira convocatoria polo traballo ‘O rexeneracionismo na obra de Santiago Tafall’. O galardón está convocado conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e a Real Sociedad Económica de Amigos de País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), e coa colaboración da Fundación Caixa Galicia.
A cerimonia de entrega, na que ademais se presentarán as bases da segunda edición da convocatoria do premio, terá lugar ás 20:00 horas no Auditorio da RSEAPS (Praza Salvador Parga, nº 4). Presidido polo presidente da Sociedade, Juan Bautista de la Salle Barreiro Pérez, no acto interveñen ademais o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Jesús A. Casabiell Pintos; e a vicedecana da Facultade de Xeografía e Historia, María del Carmen Rodríguez González.
No transcurso da celebración, a propia Beatriz Cancela Montes pronunciará a conferencia ‘A obra de Santiago Tafall e a súa vinculación coa Real Sociedad Económica’.
O PremioAo premio poderán concorrer traballos de investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro de investigación de carácter histórico fundamentado no patrimonio e documentación da RSEAPS ou no período e motivo da creación desta sociedade.
Cunha dotación de 2.000 euros de premio para a obra gañadora así como a súa publicación, á convocatoria poderán presentarse traballos inéditos, coleccións de traballos parciais ou artigos científicos xa editados, sempre que non supoñan unha recompilación. Estarán redactados en calquera das catro linguais oficiais do Estado cunha extensión de entre 75 e 500 páxinas en Din A4.
O premio está orientado a persoal investigador, investigadores e investigadoras en formación ou posgraduados, debendo para iso presentar os seus traballos entre o 1 de abril desde ano e o 30 de setembro de 2011 na RSEAPS.
Domingo FontánDomingo Fontán (Portas, 1788) é o autor da Carta Xeométrica de Galicia de 1834, primeiro mapa realizado en España con rigor científico mediante métodos matemáticos, que sería a base para a realización do trazado de novas estradas. Despois de desempeñar varias cátedras na Universidade de Santiago, foi nomeado director do Observatorio Astronómico de Madrid, traballando tamén en Topopgrafía, Cosmografía, Xeodesia e Astronomía. Faleceu en 866 en Cuntis e está enterrado no Panteón dos Galegos Ilustres.

The contents of this page were updated on 03.16.2010.