Skip to main content

Defendeuse en Dereito unha tese sobre a liberalización das telecomunicacións no Brasil

De esquerda á dereita: Enrique Gómez-Reino Carnota, Teresa Carballeira, Jesús Prieto de Pedro, Ramón Parada Vázquez, Machidovel Trigueiro Filho, Roberto Blanco Valdés e Mariano Bacigalupo
De esquerda á dereita: Enrique Gómez-Reino Carnota, Teresa Carballeira, Jesús Prieto de Pedro, Ramón Parada Vázquez, Machidovel Trigueiro Filho, Roberto Blanco Valdés e Mariano Bacigalupo
O seu autor é Machidovel Trigueiro, profesor da Universidade Federal do Ceará

‘A liberalización das telecomunicacións no Brasil’ é o título da tese de doutoramento de Machidovel Trigueiro Filho, defendida na Facultade de Dereito de Santiago e cualificada coa máxima puntuación, sobresaliente cum laude. O tribunal, presidido polocatedrático de Dereito Administrativo da UNED Ramón Parada Vázquez, estivo integrado ademais polos profesores desta mesma Universidade Jesús Prieto de Pedro eMariano Bacigalupo Saggese, e polos profesores da USC Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional, e Teresa Carballeira Rivera, titular de Dereito Administrativo.
Esta investigación, dirixida polo catedrático de Dereito Administrativo da USC Enrique Gómez-Reino Carnota, fai un deseño da evolución histórica da lexislación sobre as telecomunicacións en Brasil dende o ano 1962, cando se creou o primeiro Código das Telecomunicacións, ata o Decreto 5.820/2006 que abre o espazo á Televisión Dixital.
Trigueiro Filho é profesor da Universidade Federal do Ceará (Brasil) e foi o primeiro brasileiro do estado de Ceará que presenta a súa tese de doutoramento na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

The contents of this page were updated on 03.25.2010.