Skip to main content

Ritmos Latinos e Improvisación Teatral á volta do Nadal no Campus de Lugo

Continúa aberto o prazo de inscrición para algunhas actividades dos espazos de danza e teatro da USC que comezarán en xaneiro

O espazo de danza do Campus de Lugo mantén aberto o período de inscrición para o curso de Ritmos Latinos que dará comezo o vindeiro 13 de xaneiro. A actividade, dirixida pola profesora Cristina Ramos, está dirixida á cidadanía en xeral, sen circunscribirse unicamente á comunidade universitaria, ao igual que as restantes actividades formativas na área da cultura e impulsadas dende a USC.

A salsa, a bachata e o merengue son os estilos de baile latino que se abordarán neste curso, iniciativa que se prolongará deica o 31 de marzo. O salón de actos da Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay de Lugo será espazo de aprendizaxe e pista de baile durante o desenvolvemento deste curso. Teatro Tamén á volta das vacacións de Nadal está previsto o comezo do curso de Improvisación dirixido por Alberte Cabarcos e que mantén tamén aberto o período de inscrición. Estoutra actividade forma parte da programación do espazo de teatro da USC no Campus de Lugo e está igualmente pensada para o conxunto da sociedade. O curso teatral de Improvisación abordarase dende a análise dun personaxe a partir de textos de diferentes escenas de obras teatrais e desenvolverase entre os meses de xaneiro e febreiro.

As persoas interesadas en inscribirse ou consultar máis información sobre estes cursos deben dirixirse á Oficina de Cultura da USC, situada no edificio da Vicerreitoría de Coordinacion e Planificación do Campus de Lugo. O número de teléfono é o 982 821 513.

The contents of this page were updated on 12.30.2010.