A Escola de Teatro de Narón e a Escola Superior de Arte Dramática de Asturias soben ao escenario do Festival Internacional de Teatro Universitario
O programa do Festival Internacional de Teatro Universitario en Compostela terá este xoves 15 sobre o escenario á Escola de Teatro de Narón para representar ‘Comendo pementos de Padrón con Tarantino’ de Leandro Lamas Ermida.
‘O porvir está nos ovos’ de Eugène Ionesco, será a estrea do venres 16, da man da Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza. En ambos os dous casos, a representación será no Salón Teatro, a partir das 21:00 horas, con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que permanecerá aberto ao público dende as 18:30 horas.
‘Noite de Reis’ en LugoPola súa banda, en Lugo a programación continuará este xoves coa posta en escena de ‘Noite de Reis’ de William Shakespeare, da man da Escola Superior de Arte Dramático de Asturias. A cita será ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire con entrada gratuíta, previo paso polo despacho de entradas que estará aberto ao público dende as 20:00 horas. O venres 16 será a quenda da Escola de Teatro de Narón con ‘Comendo pementos de Padrón con Tarantino’.