Skip to main content

A especialización xornalística dende a perspectiva de xénero, nun curso en Ciencias da Comunicación

O prazo de inscrición remata este mércores 21

O exercicio do Xornalismo require dunha axeitada formación en perspectiva de xénero, tema, por outra banda, con “pouco peso nos contidos dos medios de comunicación”. Partindo desta consideración o grupo de investigación CIDACOM organiza este ano a segunda edición das Xornadas sobre Información é Xénero, que van levar por lema ‘A especialización dende a perspectiva de xénero’. O encontro celebrarase entre o 26 e o 30 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación. O prazo para formalizar a inscrición remata este mércores 21.
O programa da edición 2010 pretende en opinión da co-directora das xornadas, Belén Puñal, “dar un paso máis”, polo que as intervencións programadas permitirán analizar a aplicación da perspectiva de xénero á información especializada nas principais áreas temáticas que se abordan nos medios de comunicación.
A abordaxe destas cuestións farase a través do concurso de expertas na análise deses diversos campos do saber cunha dobre encomenda, introducir ao alumnado nas principais problemáticas que se descobren ao observar tales áreas dende o enfoque do xénero e concienciar ao respecto das principais carencias que os medios de comunicación teñen na súa cobertura por non aplicar convenientemente a perspectiva de xénero.
O alumnado que se matricule e participe nestas xornadas, con independencia do seu centro de procedencia, poderá validar a súa asistencia por un crédito de libre configuración.

The contents of this page were updated on 04.19.2010.