O catedrático Manuel Pombo presenta o seu libro 'Tratado de Endocrinoloxía Pediátrica'
O catedrático de Pediatría Manuel Pombo Arias presentará este venres 23 a súa obra Tratado de Endocrinoloxía Pediátrica recompilando nunha única publicación actualizada os coñecementos clínicos, diagnósticos e terapéuticos deste eido en España.
Neste acto de presentación, que comezará ás 13:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e que conta coa colaboración de Lilly, estarán presentes ademais a vicerreitora de Investigación, María José Alonso, e o presidente da Asociación Española de Pediatría, Serafín Málaga.
Trátase dun campo de estudo de importancia xa que moitas das enfermidades endócrinas que se manifestan na infancia, mantéñense durante a vida adulta podendo influír no desenvolvemento doutras doenzas de alto risco.