Skip to main content

As Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal unen esforzos nunha xornada deportiva no Miño

As seis Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal -Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Porto, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro- colaborarán na realización do I Trofeo Interuniversitario Eurorrexional con Barcos Dragón, que se celebrará o día 22 de maio á altura de Tui.
Esta xornada converterase nun novo punto de encontro entre as Universidades de Galicia e Portugal, que ademais ofrecerán de xeito gratuíto actividades deportivas como pilates, esgrima, e-pop, artes circenses, aeróbic e bailes de salón. Así, durante todo o día as beiras do Miño converteranse nun espazo de participación lúdica e deportiva.
Os nenos e nenas terán tamén o seu espazo na competición; pola tarde, e cos mesmos barcos Dragón, haberá competicións deportivas con escolares de entre 10 e 14 anos.

The contents of this page were updated on 04.26.2010.