Skip to main content

José Pereira toma posesión como decano de Ciencias da Comunicación

O profesor José Pereira Fariña, que o novembro pasado resultou elixido decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, tomará posesión do seu cargo este mércores, día 17.
Presidido polo reitor Senén Barro, o acto protocolario desenvolverase ás 14:00 horas no Salón de Graos da Reitoría e a el asistirá, ademais de compañeiros e amigos, o resto do equipo de goberno do centro formado polos vicedecanos José Luis Castro de Paz e Marta Pérez Pereiro e con Fernando Redondo Neira como secretario.

The contents of this page were updated on 02.16.2010.