Skip to main content

O presidente do Banco Etcheverría apadriña este sábado a promoción 2005-2010 da licenciatura en Economía

O acto de fin de carreira da promoción 2005-2010 da licenciatura en Economía da Universidade de Santiago será este sábado, día 10, ás 17.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Asistirán o vicerreitor de Asuntos Económicos, Miguel Vázquez Taín; a decana do centro, María Teresa Cancelo Márquez; o decano do Colexio de Economistas da Coruña, Roberto Pereira; e o padriño da promoción, o presidente do Banco Etcheverría Javier Etcheverría.

The contents of this page were updated on 04.09.2010.