Skip to main content

Preséntase en Santiago o libro 'Os instrumentos musicais na tradición galega'

Pór de manifesto a riqueza de instrumentos musicais en Galicia e aproximarnos á súa historia é a finalidade principal do libro Os instrumentos musicais na tradición galega que este mércores 27 se presenta na Universidade de Santiago.
O acto, ao que asiste o autor Pablo Carpintero, terá lugar ás 11:30 horas no Salón Reitoral de San Xerome. Nel participarán tamén a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo; o seu homólogo da Universidade da Coruña, Luis Caparrós; o vicerreitor de Relacións Institucionais de Vigo, Iván Area; e Xavier Paz, da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Con deseños de Xosé Ramón Marín Martínez e desenvolvido ao abeiro do Proxecto Ronsel para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial, o volume recompila os instrumentos musicais empregados en Galicia, clasificados segundo o método de Hornbostel e Sachs en idiófonos, membráfonos, cordófonos e aerófonos.

The contents of this page were updated on 01.26.2010.