Skip to main content

Inaugúrase na Facultade de Dereito o segundo curso de especialista en Seguridade Social

A segunda edición do curso de especialista en Seguridade Social que se impartirá no campus de Santiago inaugurarase este mércores 20 ás 17:00 horas nun acto que se celebrará no Salón de Graos da Facultade de Dereito. O catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Complutense de Madrid, Fernando Valdés Dal-re, impartirá a conferencia inaugural do curso, analizando a prestación por cese de actividade dos autónomos.
Ao acto asistirán a directora do curso e profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da USC, Lourdes Mella; o director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social da Coruña, Horacio de Andrés; a directora provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Eloy Jiménez; a directora provincial do Instituto Social da Mariña, Mª Paz Gómez; e a secretaria xeral da Consellaría de Traballo, Cristina Ortiz.
Contido do cursoProfesores das tres universidades galegas, maxistrados, inspectores e funcionarios das entidades xestoras faranse cargo destas clases, nas que se abordará a evolución histórica e a xestión da Seguridade Social, os actos de encadramento e réxime económico, os réximes especiais, a seguridade social internacional e comunitaria ou a tutela administrativa e xudicial.
Con esta acción formativa, organizada pola USC, a Consellaría de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña, preténdese formar aos asistentes na materia de Seguridade Social dun xeito extensivo para que poidan desenvolverse con seguridade na súa actividade profesional, ben por conta propia ou allea.

The contents of this page were updated on 01.20.2010.